Deporte Galego

Darío Méndez, novo Director Deportivo FGB

  • 05 Maio 2023 |

- Accederá o cargo na FGB unha vez finalice a súa relación contractual co seu presente club, Porriño Baloncesto Base.

A Federación Galega de Baloncesto integrará a Darío Méndez (1965, Vigo) como novo responsable da Área Deportiva. O Técnico Vigués, que se incorporará a dinámica FGB unha vez conclúa a súa ligazón laboral co seu actual club, tomará a responsabilidade de liderar os programas deportivos e parcelas técnicas federativas.

Con Darío, a FGB sumará a un coñecedor, ao milímetro, da base do noso Baloncesto e unha referencia formativa do mesmo. A súa chegada dotará ao Baloncesto Galego dun novo escenario que, respectando e empregando como base o traballo da anterior dirección, abrirá novas perspectivas.

A súa personalidade, o respecto que lle profesa o Baloncesto Galego, e a súa traxectoria, marcada fundamentalmente no seu traballo coa base en Porriño Baloncesto Base durante más de 25 anos, son avais perfectos para xerar unha dinámica de traballo no ámbito federativo.

A elección de Darío como Director Deportivo FGB é a culminación da primeira opción da nova Presidencia de cara a esta responsabilidade. Para o Presidente, Julio Bernárdez “poder confirmar á que foi a nosa aposta firme dende un primeiro momento supón unha total satisfacción”.“Coñecedor ao miúdo do traballo de Darío durante tantos anos no noso Baloncesto, poder confirmalo como DT supón unha ledicia tremenda”, afirma.

Darío iniciará así unha nova relación coa Federación Galega de Baloncesto, entidade que non lle é en absoluto allea, e coa que xa colaborou ao longo do tempo en aspectos formativos.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis