Deporte Galego

 Á venda as entradas para o Torneo da Selección Feminina en Vigo

  • 22 Marzo 2023 |

Xa están á venda as entradas para ver á Selección Feminina na súa preparación para o EuroBasket de Eslovenia e Israel. As de Miguel Méndez xogarán dous torneos triangulares en Vigo (24-26 de maio) e Córdoba (2-4 xuño) con rivais de alto nivel internacional. Os dous torneos enmárcanse dentro dos actos do Centenario da FEB.

(Info: DFEB) Vigo será o primeiro cuartel xeral da Selección Feminina. España terá os seus primeiros días de adestramento na localidade galega e disputará o primeiro torneo de preparación no Complexo Deportivo das Travesas. Os rivais serán China, actual subcampión do mundo e número 2 da clasificación; e Italia, un histórico do baloncesto europeo e 16 na clasificación FIBA.

Córdoba volverá ser anfitrioa dun torneo da Selección Feminina. Serán os días 2, 3 e 4 de xuño no Palacio Municipal de Deportes Vista Alegre, onde xa prepararon o anterior EuroBasket de 2021 e o lugar no que se celebrou o partido 300 como internacional de Laia Palau. Os rivais serán Bélxica e Turquía, dous dos grandes equipos continentais que loitarán polas medallas este verán.

En ambos os casos póñense á venda abonos para os tres días que inclúen tres partidos. Os prezos irán desde 10 euros o abono máis barato ata os 30 do máis caro. As entradas pódense adquirir na páxina oficial da FEB

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis