Deporte Galego

Barcelona acolle a Comisión Delegada FEB e a reunión de Presidentes Autonómicos

  • 22 Marzo 2023 |

O Presidente, Julio Bernárdez; e a Secretaria Xeral, Susana Fernández; representaron á Federación Galega de Baloncesto na xuntanza de Presidentes Autonómicos. 

A sede da Federación Catalá e o Palacio Real en Barcelona foron os escenarios das primeiras reunións do ano da Comisión Delegada da FEB e os presidentes de Federacións Autonómicas. A Catalá exerceu de anfitrioa, no marco da celebración do seu Centenario.

A xornada arrincou coa recepción do presidente catalán, Ferran Aril, a Jorge Garbajosa. O presidente da FEB, que forma parte do Comité de Honra do Centenario da Federación Catalá, asinou no libro de honra e recibiu un agasallo institucional conmemorativo.

Con posterioridade celebrouse a reunión da Comisión Delegada da FEB, e pola tarde a de Presidentes, no transcurso das cales se fixo un repaso das diferentes actividades deportivas e institucionais celebradas nos últimos meses e as previstas para os seguintes, en especial as enmarcadas no Centenario da FEB, así como do exercicio económico.

52762997030 8621080989 c

 

O Presidente, Julio Bernárdez; e a Secretaria Xeral, Susana Fernández (Foto :FEB)

Nas súas intervencións, o presidente da FEB, Jorge Garbajosa; expresou aos membros da Delegada e aos Presidentes autonómicos presentes, o seu recoñecemento polo labor realizado e a súa satisfacción polo crecemento global do baloncesto español.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis