A Federación Galega de Baloncesto continúa a súa aposta polo 3x3 e convoca o Campionatos Galego de Clubs 3x3 en Categoría U17 e os Campionatos Galegos 3x3 U13 e U15.
Con motivo da posta en marcha pola Federación Española de Baloncesto dos Campionatos de España nestas tres categorías, a FGB estrea por primeira vez cometicións federadas autonómicas nesta disciplina.
A continuación remitimos circulares informativas oficiais cos detalles relativos a inscrición, formato e a propia competición. Así mesmo, podedes facernos chegar as vosas dúbidas vía mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Campionato Galego Clubs 3x3 - U17
Campionato Galego 3x3 - U15 e U13
Salientar que, en cada campionato, os equipos poderán elixir se participan nunha única data das fases previas indicadas, ou nas dúas.