A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; recibiu na tarde do xoves, 2 de marzo; ao presidente FGB, Julio Bernárdez.
Nesta toma de contacto co Baloncesto como protagonista, adquiriu especial relevancia o estado actual e de conservación dás instalacións deportivas na cidade departamental, as cales precisan dunha actualización.
Ambas as entidades sinalaron a importancia dun traballo man a man das diferentes institucións implicadas para realizar intervencións e melloras neste ámbito, buscando resolver os problemas que afectan directamente a todos os usuarios.
O Presidente FGB trasladou a delegada a mesma dispoñibilidade que lle fixo chegar ao Concello da cidade e que tamén traslada ás institución deportivas da mesma: a súa ”total dispoñibilidade e implicación para achegar as ideas e traballo que permitan levar adiante as reformas necesarias”.
Nesta liña, durante o encontro, que tamén contou coa presenza da secretaria da Federación, Susana Fernández, e do delegado FGB en Ferrol, José Cobelo; Martina Aneiros interesouse polo proxecto que a FGB ten para o próximos catro anos e polo equipo que acompañará a Bernárdez nesta nova etapa, que desexou avance repleta de éxitos.