Deporte Galego

Visita deportiva e de intercambio de impresións con Universitario de Ferrol

  • 03 Marzo 2023 |

A Federación Galega de Baloncesto, representada polo seu Presidente, Julio Bernárdez; a Secretaria Xeral FGB; e o Delegado en Ferrol, José Cobelo; no marco da súa visita institucional a Concello de Ferrol e Delegación da Xunta de Galicia,  gozaron da oportunidade de compartir tempo co Club Universitario de Ferrol.

Bernárdez; e os membros do seu equipo directivo; escoitaron de primeira man as inquedanzas do Club e, sobre todo; ás referentes ás instalacións deportivas. A FGB puxo en coñecemento da entidade deportiva as reunións levadas a cabo tanto con Concello como coa Delegación da Xunta, así coma a preocupación que esperta o tema das instalacións deportivas.

Nesta liña, o máximo mandatario FGB, salientou a esperanza de que, nun período de desenvolvemento como o que vive, actualmente, a cidade de Ferrol; o ámbito das infraestruturas deportivas sexa prioritario para todas as institucións públicas.

A Federación Galega de Baloncesto manifestou a súa completa dispoñibilidade para estar a disposición de todos os implicados e achegar ideas e traballo para levar adiante as reformas necesarias.

A guinda a esta visita FGB ao equipo da cidade departamental foi un encontro na pista de A Malata co BAXI Ferrol, as actuais líderes da LF Challenge.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis