Granada será a sede do novidoso Campionato de España Mini Masculino de Clubs, mentres que San Fernando (Cádiz) acollerá o Feminino. Pola súa banda Cala Millor (Mallorca) será o escenario do Campionato de España 3x3 u17 de clubs. O 2023 será o primeiro ano de varios Campionatos de España de nova creación.
Por outra banda, o Mini de Clubs vaise a Andalucía. Do 25 de xuño ao 1 de xullo disputarase en categoría masculina en Granada, e en categoría feminina en San Fernando. A localidade gaditana volverá gozar dos máis pequenos, nesta ocasión cos mellores clubs do país. Doutra banda, tamén será novo o Campionato de España 3x3 U17, que se disputará tanto en categoría masculina como feminina en Cala Millor (Mallorca). A localidade balear vivirá durante tres días, do 9 ao 11 de xuño, o primeiro campionato de España de clubs, con xogadores de primeiro ano júnior.
1-5 ABRIL | Mini SSAA (Tarragona e Salou)
30 ABRIL - 6 MAIO | Júnior Clubs Masculino (Huelva e Aljaraque)
30 ABRIL - 6 MAIO | Júnior Clubs Feminino (Huelva, Aljaraque e Punta Umbría)
14-20 MAIO | Cadete Clubs Masculino (San Fernando)
14-20 MAOO | Cadete Clubs Feminino (Guadalajara)
4-10 XUÑO | Infantil Clubs Masculino (Badajoz)
4-10 XUÑO | Infantil Clubs Feminino (Marín)
25 XUÑO – 1 XULLO | Mini Clubs Masculino (Granada)
25 XUÑO – 1 XULLO | Mini Clubs Masculino (San Fernando)
9-11 XUÑO | U17 3X3 Clubs (Cala Millor – Mallorca)
24-25 XUÑO | U15 U13 3x3 SS.AA (Blanes)