Deporte Galego

Éxito das Xornadas de Traballo 3x3 FEB coas Federacións Autonómicas

  • 22 Febreiro 2023 |
(Foto:FEB)
(Foto:FEB)

A Federación Galega de Baloncesto formou parte este mártes e mércores, 21 e 22 de febreiro; das xornadas de traballo técnico 3x3 que a Federación Española de Baloncesto organizou en L’Alquerìa cos representantes técnicos das Federacións Autonómicas. Un punto de encontro para traballar desde a base coincidindo coa concentración da selección masculina 3x3 en Valencia.

(Info: FEB) A FEB convocou aos directores técnicos 3x3 das Federacións Autonómicas cun éxito de participación (estiveron 18 representadas) e co obxectivo de poñer en común coñecementos, inquedanzas e obxectivos para o desenvolvemento da modalidade olímpica. Celebrouse nas instalacións de L’Alquerìa aproveitando a concentración da selección masculina 3x3.

Unhas xornadas nas que o árbitro español con licenza FIBA, Igor Estevez, explicou as grandes liñas das Regras de Xogo 3x3 e os pequenos detalles onde poder sacar vantaxes. O prestixioso Alejandro Vaquera aconsellou exercicios para unha boa preparación física aplicada ao 3x3. E os coordinadores FEB, Ana Junyer e Pedro Meléndez; xunto ao adestrador masculino Raúl Fernández, afondaron na táctica tanto defensiva como ofensiva.

Precisamente algúns dos xogadores da selección xa axudan ás súas Federacións Autonómicas na formación técnica de xogadores, como é o caso José Blázquez coa Federación de Castela a Mancha. Os participantes das Xornadas estiveron tamén en dous adestramentos da selección masculina 3x3 que prepara en Valencia un Lite Quest en Francia e os Xogos Europeos e o Preeuropeo do próximo verán.

Neste 2023 disputarase por primeira vez o Campionato de España 3x3 de Seleccións Autonómicas en categoría U13 e U15, unha das grandes apostas para a expansión do 3x3 tanto en categorías inferiores como no conxunto da xeografía española. Aproveitando o primeiro ano de categoría infantil e cadete, preténdese que os xogadores e xogadoras se inicien na práctica do 3x3.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis