Deporte Galego

A Federación Galega de Baloncesto convoca o Campionato Galego 3x3 en categoría U17

  • 19 Xaneiro 2023 |

A Federación Galega de Baloncesto continúa a súa aposta polo 3x3 e convoca o Campionato Galego 3x3 en categoría U17.

Con motivo da posta en marcha pola Federación Española de Baloncesto do Campionato de España de Clubs 3x3  para o rango de idade U17, a FGB estrea por primeira vez unha competición federada autonómica nesta disciplina.  

Este novo Campionato Galego determinará aos clubs representantes da nosa Comunidade para o indicado campionato nacional establecido pola FEB. 

Formato
O Campionato Galego de Clubs 3x3 U17 realizarase en varias fases, en formato concentración, e en sede designada pola propia Federación. O Sistema de Competición adaptarase ao número de equipos participantes, e a normativa de xogo regularase polas Bases da Federación Española de Baloncesto.

Calendario
As datas marcadas para a desputa deste novo Campionato Galego 3x3 U17 cubrirán as fins de semana do 22 de abril, o 14 de maio e a do 17 de maio, sendo esta última a da final.

Inscrición
Os Clubs interesados en participar neste Campionato Galego 3x3 U17 poderán tramitar a súa inscrición ata o 28 de marzo de 2023. Poderán competir con equipos masculinos e femininos, compostos por un mínimo de tres xogadores e un máximo de catro.Todos os detalles relativos a este proceso de inscrición poden consultarse na circular oficial nº 13  da FGB.

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis