Deporte Galego

Galicia, sede para o Campionato de Clubs Cadete Feminino 23 - 24

  • 21 Decembro 2022 |

Galicia será sede do Campionato de España de Clubs Cadete Feminino na vindeira temporada 2023 - 2024. A Comisión Executiva da Federación Española de Baloncesto designa a Galicia como sede para este nacional de clubs na vindeira temporada.

A celebración deste Campionato en Galicia súmase as concesións xa realizadas no pasado mes de novembro pola FEB, mediante as cales se confirmaba que a nosa Comunidade acollerá tamén o Campionato de clubs infantil feminino na vixente temporada 22 - 23 (Sede: Marín) e os campionatos infantís, tanto feminino como masculino, na futura 23 - 24. Galicia mantén así o seu peso organizativo en eventos destas características, os perfectos para achegar o mellor baloncesto base aos afeccionados galegos.

As designacións con Galicia como referente completan un cadro de sedes para as diferentes categorías establecido xa do seguinte xeito: 

Campionato de España Clubes Infantil Feminino
Sede 2022/2023: Federación Galega de Baloncesto (Localidade: Marín)
Sede 2023/2024: Federación Galega de Baloncesto

Campionato de España Clubes Infantil Masculino
Sede 2022/2023: Federación Extremeña de Baloncesto (Localidade: Badajoz)
Sede 2023/2024: Federación Galega de Baloncesto

Campionato de España Clubes Cadete Feminino
Sede 2022/2023: Federación Castilla-La Mancha de Baloncesto
Sede 2023/2024: Federación Galega de Baloncesto

Campionato de España Clubes Cadete Masculino
Sede 2022/2023: Federación Andaluza de Baloncesto (Localidade: San Fernando)
Sede 2023/2024: Federación Andaluza de Baloncesto

Campionato de España Clubes Júnior Feminino
Sede 2022/2023: Federación Andaluza de Baloncesto (Localidade: Huelva, Aljaraque e Punta Umbría)
Sede 2023/2024: Federación Andaluza de Baloncesto

Campionato de España Clubes Júnior Masculino
Sede 2022/2023: Federación Andaluza de Baloncesto (Localidade: Huelva e Aljaraque)
Sede 2023/2024: Federación Andaluza de Baloncesto

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Minibasket
Sede 2022/2023: Federación Catalana de Baloncesto (Localidade: Tarragona e Salou)
Sede 2023/2024: Federación Andaluza de Baloncesto (Localidade: San Fernando)
Sede 2024/2025: Federación Andaluza de Baloncesto (Localidade: San Fernando)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis