Deporte Galego

XIII Certame de Debuxo: "O Baloncesto e o Nadal"

  • 02 Decembro 2022 |

A FGB, en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas e con Amura Sport; pon en marcha a XIII edición do seu “Certame de Debuxo: O Baloncesto e o Nadal”, concurso que cada temporada decide a postal que desexará boas festas a todos os federados, e que este ano ten un compoñente solidario e especial.

A partir deste venres, 2 de decembro; permanece aberta a posibilidade de participar nesta XIII edición do Certame, no cal a Federación Galega de Baloncesto donará 1 kilo de alimentos por cada postal recibida.

As propostas de postais de todos os xogadores e xogadoras que participen entrarán no concurso habitual e sumarán ese compoñente tan importante que terá o seu destino no Banco de Alimentos Rías Altas.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
Como cada temporada, poderán participar xogadores e xogadoras de categoría preminibasket ata cadete, incluída. Deberán enviar as súas postais mesturando dúas temáticas que sempre regalan grandes deseños e mellores momentos: o Baloncesto e o Nadal.

A data límite para remitir estas propostas é a do 20 de decembro. Posteriormente, o día 22 coñeceremos a postal vencedora e a segunda clasificada. Ambas recibirán como premio un lote de roupa oficial FGB da man de Amura Sport e outros agasallos reflectidos nas Bases.

Así mesmo, as primeiras 20 postais recibidas para formar parte do concurso contarán cun detalle da FGB.

BASES DE PARTICIPACIÓN
As BASES e requisitos materiais para realizar en enviar as postais poden consultarse no documento que achegamos:

Bases XIII Certame de Postais "O Baloncesto e o Nadal"

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis