Da man do Club Santa Baia – Match Up 3x3, primeiro club galego oficial na modalidade 3x3; a entidade federativa acometerá un novo proxecto de impulso e consolidación en Galicia desta modalidade do Baloncesto.
FGB e Club Santa Baia – Match Up 3x3 formularán un acordo común para dar importantes pasos que materializarán en Galicia o auxe e dinámica do 3x3 dende as categorías Base ata as sénior, tecendo así unha estrutura que poida crecer nas vindeiras temporadas.
Competicións oficiais 3x3, torneos amigables e eventos formativos formarán parte da liña de traballo conxunta entre FGB e Club Santa Baia – Match Up 3x3.
Sección: Actualidade