Deporte Galego

A Copa Galicia EBA vive a súa posta de longo en Carballo

  • 28 Setembro 2022 |

Carballo presenta a Fina da Copa Galicia EBA, que se disputará este domingo, 2 de outubro; ás 12:00 h, entre o CALVO Basket Xiria e o UCOGA CB Chantada.

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; acompañado polo presidente da Comisión Xestora da Federación Galega, Francisco Martín; coincidiron na festa do baloncesto que se vai vivir este domingo no Pavillón carballés e intercambiaron palabras de encomios e recoñecemento mutuo, así coma un recordo común ao ex-tesoureiro da FGB, o carballés Ricardo Méndez.

(Info: Xiria Basket) Comezaba a presentación da Final da Copa Galicia EBA, o Concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, agradecendo á Federación Galega de Baloncesto a concesión deste partido ao Concello de Carballo e á Escola Basket Xiria. Ao mesmo tempo desexaba que o equipo local siga con este nivel demostrado, non só neste partido, se non durante toda a tempada e remataba desexando sorte a ámbolos dous equipos.

De seguido collía a quenda da palabra o presidente de Basket Xiria, Primitivo Reguera, facendo un chamamento para que este domingo os carballeses e bergatiñáns enchan o pavillón e veñan apoiar ó CALVO Basket Xiria, xa que a entrada é gratuíta. Remataba coa seguridade de que se vivirá un emocionante encontro e agradecía que unha vez máis a “festa do BALONCESTO” estará na vila da man do Concello de Carballo e a Federación Galega de Baloncesto.

A continuación o Presidente da Comisión Xestora da FGB, Francisco Martín, comezaba a súas palabras tendo un recordo para o carballés Ricardo Méndez, ex-tesoureiro da Federación, amigo persoal seu e do Alcalde de Carballo. De seguido, agradecía ao Concello de Carballo pola acollida desta Final da Copa Galicia EBA e felicitaba ao club local polo inicio de tempada, a clasificación para xogar esta final e a volta á Liga EBA.

Remataba este evento o alcalde de Carballo tamén con palabras de recordo para Ricardo Méndez, felicitando ao equipo do CALVO Basket Xiria e agradecendo á Federación Galega de Baloncesto por contar con Carballo para organizar esta final.

O encontro está marcado para as 12:00 h no Pavillón Vila de Noia e poderase seguir tamén en directo vía FEGABA TV.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis