Chega unha nova Copa Galicia Masculina. Sumando XXXVI edicións, a Copa chega a Ourense baixo a organización de Bosco Salesianos, Concello de Ourense e Deputación de Ourense.
A deste 2022 será un Copa Galicia moi especial. A mesma realízase como Homenaxe a Vicente “Nino” Santos, figura emblemática e moi querida do baloncesto ourensán, recentemente falecido. Este recoñecemento materializarase no marco da Final, marcada para ás 19:00 h do sábado, 17.
As Semifinais deste xoves, que enfrontarán no Pazo dos Deportes "Paco Paz" a Monbus Obradoiro e Leyma Coruña (18:30 h), e a Río Breogán e Club Ourensen Baloncesto nun novo "Derbi do Miño", poderanse seguir en directo vía FEGABA TV
E para todas aquelas persoas que desexen vivilas en directo, a venda de entradas continúa activa AQUÍ. Parte da recadación da taquilla destinarase á Asociación Española contra o Cancro - Ourense.
XXXVI Copa Galicia Masculina - Ourense
Pazo dos Deportes "Paco Paz" - 15/09/22
Semifinal 1 - (18:30 h)
Monbus Obradoiro - Leyma Coruña (99 - 78)
Árbitros: Carlos Cortés, Vicente Bultó e Sánchez Benito.
Semifinal 2 - (20:30 h)
Río Breogán - Club Ourense Baloncesto (97 - 59)
Árbitros: Miguel Ángel Pérez Pérez, Jorge Martínez e Esperanza Mendoza.