A Copa Galicia Sénior Feminina vivirá ao longo deste mes de setembro a súa XXXV edición, unha cita para a que xa se coñece o seu calendario.
A competición Copeira Feminina para o 2022 iniciase coa posta en marcha dunha Fase Previa protagonizada polos equipos galegos de Liga Feminina 2: CB Arxil, Maristas Coruña e Mariscos Antón Cortegada.
Os tres disputarán unha liga a unha volta con data tope para a súa conclusión no 17 de setembro. O equipo mellor clasificado desta previa pasará directamente á Fase Final, en cuxas semifinais xa teñen un posto directo Durán Maquinaria Ensino, como representante en Liga Feminina Endesa; e Celta Zorka Recalvi e Baxi Ferrol como equipos de LF Challenge.
O 23 de setembro é a data marcada para a disputa destas semifinais. Nestas, a orde de enfrontamentos directos para os equipos de LF Challenge decidirase por sorteo. A celebración da Final queda, pola súa banda, marcada para o 25 de setembro.
XXXV Copa Galicia Sénior Feminina 2022
Fase Previa
1ª Xornada - 11/09/22
(11:00 h) Mariscos Antón Cortegada - Maristas Coruña (68 - 31)
2ª Xornada - 14/09/22
(20:00 h) CB Arxil - Mariscos Antón Cortegada (54 - 47)
3ª Xornada - 17/09/22
(12:00 h) Maristas Coruña - CB Arxil
Fase Final
23/09/22 - Semifinais
Equipo Challenge – Gañador Fase Previa (X)
Durán Maquinaria Ensino – Equipo Challenge (Y)
25/09/22 - Final