Federación Galega de Baloncesto e Compostela Inserta abren nova vía de colaboración conxunta. Francisco Martín, Presidente FGB; e Miguel Fernández, administrador da entidade compostelá, a cal traballa en prol da inserción laboral; asinaron un convenio que permitirá que a segunda sexa a responsable dos servizos de trasnporte de material, montaxe e desmontaxe necesarios para futuros eventos de competición “3x3”.
“Pista oficial FGB 3x3”
A sinatura deste convenio permitirá que a Federación Galega de Baloncesto achegue aos clubs galegos e institucións autonómicas a posibilidade de dispoñer da pista 3x3 oficial da FGB para eventos ou actividades deportivas que desexen levar a cabo. Esta cesión levarase a cabo previa solicitude oficial á FGB e abono dos gastos correspondentes por parte dos interesados.
Toda a información sobre esta opción pode consultarse vía Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Compostela Inserta
“Compostela Inserta” é unha das primeiras Empresas de Inserción Laboral de Galicia, entidades que dan resposta a unha necesidade esencial e executan unha obriga de servizo público como é a integración socio laboral das persoas en situación ou risco de exclusión social.
A institución compostelá é ademais unha das Empresas de inserción fundadoras de AEIGA (Asociación de Empresas de Inserción Laboral de Galicia) que na actualidade integra o Foro pola Economía Social de Galicia, coma organización representativa das EIL con vocación de representar os intereses da economía social galega.