- A Praza Exterior do Centro Comercial Área Central será o escenario este sábado, 25 de xuño; da Serie Final do noso circuíto “3×3” FGB.
- Nesta Serie Final do «3×3 FGB» participarán os 14 mellores equipos clasificados tras a disputa de dúas series previas de A Coruña e Ourense.
- O equipo gañador do circuíto "3x3 FGB" farase cun premio de 2000 €.
A competición 3×3 da Federación Galega de Baloncesto chega a Santiago de Compostela para a celebración da súa gran Final. Este sábado, 25 de xuño; o Circuíto 3×3 da Federación Galega de Baloncesto convertirase en protagonista na Praza exterior do Centro Comercial Área Central. Dúas pistas de Baloncesto 3x3 instaladas para a ocasión acollerán esta serie decisiva, que virá tamén acompañada da ambientación de Djs e de Música en directo cun concerto gratuíto (18:30 h) do artista galego de música urbana "O Pirata".
A Competición
Esta parada en Santiago da Final do circuíto "3x3" da Federación Galega de Baloncesto estará conformada por 14 equipos integrados por xogadores e xogadoras nadas en 2005 e anos anteriores. A xornada de xogo estenderase durante todo o día, en quendas de mañá e tarde para, tras as eliminatorias, coñecer ao campión de Serie no encontro final marcado para as 20:30 h
Un representante de cada equipo terá tamén a oportunidade de participar nun Concurso de Tiro que porá en xogo a súa habilidade ante a canastra.
Premios
Esta Serie Final do 3×3 da FGB contará con importantes premios en metálico para os seus catro mellores equipos. O máximo galardón, valorado nun total de 2000 €, recaerá no equipo campión abrindo así un palmarés que se completa cos seguintes recoñecementos:
Subcampión Final: 1000 €
Semifinalistas: 300 €