A Federación Galega de Baloncesto celebrou na tarde do luns, 20 de xuño, a súa Asemblea Xeral Ordinaria dunha temporada, a 2021 – 2022, que será a derradeira completa da actual xunta directiva.
22 asembleístas do total de 72 convocados compareceron en Compostela para realizar as correspondentes votacións, que culminaron coas aprobacións por unanimidade das diferentes e importantes áreas para o devir da nova temporada:
Regulamentos Xeral e Disciplinario FGB 2022 - 2023.
Normas para as Competicións Oficiais FGB 2022 - 2023.
Calendario de Actividades 2022 - 2023.
Contas Anuais
Orzamento do Exercicio 2022.
Ratificación dos Comités de Competición e Apelación.
Informes 2021 - 2022
No marco desta asemblea, o actual presidente FGB, Francisco Martín; así como os responsables arbitral e deportivo da institución, Miguel Ángel Pérez e Carlos Colinas; presentaron os informes de actividades correspondentes e despediron unha temporada, que da paso a unha nova etapa de traballo para o novo ciclo deportivo.
As súas presentacións e valoración poden consultarse xa na Memoria da temporada, que aquí mesmo achegamos en dous bloques diferenciados.
Por outra parte, as Bases de Competición e Regulamento aprobados na tarde de onte poderán consultarse nos vindeiros días na web.
- Informe Actividades 2021 - 2022: Bloque 1
- Informe Actividades 2021 - 2022: Bloque 2 (I)
- Informe Actividades 2021 - 2022: Bloque 2 (II)
- Informe Actividades 2021 - 2022: Bloque 2 (III)
- nforme Actividades 2021 - 2022: Bloque 2 - Seleccións Galegas
- nforme Actividades 2021 - 2022: Bloque 2 - Adestradores