Deporte Galego

O "3x3 FGB" consolida aos seus Finalistas

  • 14 Xuño 2022 |

O "3x3 FGB", listo para a súa Gran Final. Tras a disputa das súas dúas Series Previas en A Coruña (04/11/22) e Ourense (11/06/22), o novo circuito "3x3 FGB" xa coñece aos 16 equipos clasificados que terán a posibilidade de disputar en Compostela, o vindeiro 25 de xuño, a xornada decisiva desta nova aposta da Federación Galega de Baloncesto polo formato 3x3.

Con éxito de ambiente e participación tanto en A Coruña como en Ourense, o Circuito "3x3 FGB" trasladou a ambas as sedes previas o espíritu do baloncesto na rúa. Gracias á indispensable colaboración dos Concellos de A Coruña e Ourense, o formato 3x3 deu así un novo paso para a súa oficialidade no Baloncesto galego. A participación de equipos chegados de diferentes puntos de toda a Comunidade refrendñárono. 

A Final

O peche desta estrea do Circuito "3x3 FGB" celebrarase o sábado 25 de xuño na praza exterior do compostelano Centro Comercial Área Central. A cita contará, ademáis de coa propia competición, con novos alicientes para que a xornada non deixe indiferente: Música en directo, Concurso de Tiro, Máquina de Tiro para os afeccionados e importantes premios en metálico.

O equipo vencedor nesta Final farase cun total de 2000 €. Pola súa banda, o subcampión recibirá a cifra de 1000 euros, e os semifinalistas tamén terán o seu recoñecemento monetario por un valor de 300 euros para cada equipo.

Toda a información oficial deste Circuíto, así como as mellores imaxes e vídeos do mesmo, poden consultarse na web oficial: www.3x3fgb.gal

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence