Deporte Galego

Sorteados os grupos da primeira fase do Campionato de España Infantil Masculino

  • 27 Maio 2022 |

Sorteouse a composición da primeira fase do Campionato de España Infantil, que se disputará do 5 ao 11 de xuño en Marín.

 Os 32 equipos dividiranse en oito grupos de catro e xogarán tres partidos de primeira fase. Galicia volverá ser a sede da festa do baloncesto infantil, despois da disputa do Campionato de España Júnior e Cadete. Marín sorteou a primeira fase do torneo que se xogará na localidade galega nun acto coa presenza de María Ramallo, alcaldesa de Concello de Marín; Antonio Traba, concelleiro de Deportes de Marín, Luís Santiago, xeral manager Peixe Galego e Susana Fiuza, secretaria xeral Federación Galega.

O sistema de competición seguirá sendo igual que nas últimas tempadas. Os 32 equipos distribúense en oito grupos de catro, os catro primeiros cos cabezas de serie. Dos grupos A, B, C e D pasarán a oitavos os tres primeiros clasificados, mentres que dos grupos E, F, G e H o líder de cada un deles. A partir de aí, cruces directos de oitavos (8 de xuño), cuartos (9), semis (10) e final (11).

INFANTIL MASCULINO
Grupo A: Real Madrid, CB Granollers, Casademont Zaragoza y Sonia Bath Godella
Grupo B: Unicaja Andalucía, Fundal Alcobendas, Imprenta Bahía, Catalana Occidente Manresa
Grupo C: Real Canoe, Cajasiete Canarias, Leclerc Caja Rural y Maristas Lugo
Grupo D: F. Valencia Basquet, Joventut Badalona, Virgen del Mar y Real Betis Baloncesto
Grupo E: PB A Porriño, Sagrado Corazón, CD Grupo76 Alkasar, ABQ Calahorra
Grupo F: UCAM Murcia Redexis, Iberconsa Novobasket, CB La Flecha Yoauto y La Salle Palma
Grupo G: EM El Olivar, RGC Covadonga, Melilla Sport Capital y Inlingua FCBG
Grupo H: Cantbasket, Aranguren Mutilbasket, Tau Castelló y 1ª País Vasco

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence