Deporte Galego

Marín e FGB rubrican o convenio do Campionato de España de Clubs Infantil Masculino

  • 22 Abril 2022 |

Marín volverá acoller en xuño o Campionato de España de Clubs Infantil Masculino. A alcaldesa, María Ramallo, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, firmaron hoxe o convenio de colaboración para converter á vila na sede da cita Nacional.

A alcaldesa, María Ramallo, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, acompañados polos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña e Jose Luis Santiago Pereira, do Peixegalego, firmaron esta mañá o convenio de colaboración para que Marín sexa sede do XLII Campionato de España de Clubs de categoría Infantil Masculino, correspondente á tempada 2021/2022.

IMG 20220422 WA0002

O evento celebrarase do 5 ao 11 de xuño e volverá colocar á Marín no centro do baloncesto de base a nivel estatal. Tal e como recordaron os organizadores, será o sétimo ano que Marín acolla este importante evento deportivo, despois de que no 2012 se acollese a categoría cadete, ano no que o Peixe quedou subcampión de España e se seguisen celebrando tanto as modalidades masculina e feminina no 2013, 2014, 2018, 2019 e 2021.

Esta nova edición será, como en todas as anteriores ocasións, unha cita ineludible para os amantes do baloncesto e do deporte base en xeral.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis