Deporte Galego

Federación Galega de Baloncesto e Special Olympics Galicia renovan a súa alianza deportiva

  • 22 Marzo 2022 |

Federación Galega de Baloncesto e Special Olympics Galicia unen os seus camiños unha temporada máis. Ambas as entidades asinaron este martes, 22 de marzo; un convenio de colaboración polo que estenden a súa relación mutua no ámbito das competicións que promove Special Olympics para achegar o Deporte ás persoas con discapacidade intelectual. O Presidente FGB, Francisco Martín; e o seu Director Técnico do Comité Galego de Árbitros; Miguel Ángel Pérez; recibiron para levar a cabo a rúbrica a Eladio Fernández, máximo representante de Special Olympics.

En virtude da renovación deste acordo, a Federación Galega de Baloncesto participará nas Ligas de Baloncesto Special Olympics. A FGB será peza activa das mesmas a través da presenza dos seu colexiados e colexiadas na dirección dos partidos. O Comité Galego de Árbitros da FGB será o organismo que articule e materialice esta proposta.

A unión de esforzos e obxectivos da Federación Galega de Baloncesto e Special Olympics Galicia naceu no ano 2016, estendéndose ininterrompidamente, a excepción do ano 2020, ata o día de hoxe.

IMG 3917 21

Special Olympics Galicia
Special Olympics Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, que traballa co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e de conseguir a súa inclusión social a través do ocio, a cultura e o deporte, neste caso da práctica do Baloncesto.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence