Deporte Galego

IX Xornada de Harmonización do Minibasket Galego

  • 17 Marzo 2022 |

Novena edición para a Xornada de Harmonización do Minibasket Galego, e de novo co Colexio Manuel Pelteiro como sede. A área Deportiva FGB reunirá este domingo, 20 de marzo, no centro educativo santiagués a un total de 89 xogadores das xeracións 2011 e 2012 para afondar con eles en múltiples aspectos deportivos.

Ambos os grupos de traballo estarán dirixidos por adestradores colaboradores da FGB, peza clave para poder levar a cabo esta actividade. Neste caso contamos con Maísa López (CB Sarria), Silvia Caíño (CD Bosco), Roi Vega (Básquet Coruña), Ismael Llerena (CB Río Ulla), Adrián López (CB Sarria), Enma Regueiro (Basquet Coruña), Nacary Rojas (Bosco Salesianos), Fernando Vidal (Santo Domingo Betanzos), Paula Couto (Compañía de María Santiago) e Isaac Vázquez (Bosco Salesianos).

Participación Aberta
A implicación de todos os presentes na Xornada de Harmonización virá tamén da man da celebración de dúas Mesas Redondas, unha por cada xeración presente, á que están convidados os pais, nais ou titores de todos os xogadores e xogadoras citadas. Nestas charlas, que buscan aunar as diferentes perspectivas do Minibasket, contaremos coa presenza de cinco convidados que achegarán a súa experiencia e conexión con esta categoría.

Así, serán protagonistas destas mesas redondas Rubén Domínguez (Psicólogo e mestre da Escola de Adestradores FGB), Víctor Pérez (Adestrador Axudante Obradoiro CAB), Nacary Rojas (Seleccionadora Galega Cadete Feminina), Ángel Pascual (Xogador Xiria Carballo) e Cristino Menor (Adestrador e mestre da Escola Galega de Adestradores).

A xornada en global iniciarase ás 10.30 h e estenderase ata as 17.15 da tarde, incluíndo un xantar en común como parte importante da convivencia, motivación na posta en marcha de este tipo de actividades.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence