A Secretaría Xeral para o Deporte outorga o seu visto bo á NOVA actualización do Protocolo FISICOVID DXT GALEGO presentada pola Federación Galega de Baloncesto.
A autorización oficial por parte da SXD a esta nova actualización do protocolo chega este venres, 11 de marzo, confirmando as seguintes modificacións relativas ao uso da máscara nas competición oficiais FGB, cambios que entran en vigor dende o mesmo día de hoxe:
- Os menores de seis anos NON teñen obriga de empregar a máscara en ningún caso.
- Para as persoas de seis anos e adiante exceptúase o uso da máscara sempre que: estean VACINADOS coa pauta completa e presenten o certificado de vacinación COVID polo menos 14 días antes da celebración do adestramento; ou que realicen TEST de antíxenos, serolóxicos ou similares cada 14 días. No caso das disputas dos encontros deberán realizarse polo menos 72 horas antes dos mesmos.
Salientar que tamén se realizan cambios relativos á comunicación e seguimento da sintomatoloxía COVID. Estes quedan especificados no punto 7 do documento xeral do protocolo.
Este documento global, así como os anexos correspondentes aos adestramentos e á competición, están xa dispoñibles para a súa descarga e consulta.