Deporte Galego

O Torneo Xacobeo 21·22 3×3 FGB amplía o seu prazo de inscrición

  • 16 Decembro 2021 |

Esta cita co Baloncesto 3×3, que se celebrará en Marín o vindeiro día 26 de decembro co patrocinio e apoio do Xacobeo 21·22 e a Xunta de Galicia, e coa colaboración do Concello de Marín e do CB Peixe Fresco estende ata o día 21 de decembro a posibilidade de inscribirse.

Aberto a todas aquelas persoas maiores de 16 anos que desexen desfrutar do 3×3 para despedir o ano 2021, o Torneo contará cun máximo de 24 equipos que poderán ser femininos, mixtos ou masculinos, competindo todos en conxunto e buscando importantes premios en metálico.

Os equipos deberán estar formados por un mínimo de 4 e un máximo de 6 persoas, e afrontarán un formato de xogo disposto en eliminatorias previas e posteriores roldas de oitavos, cuartos de final, semifinais e final.

Un membro de cada equipo terá tamén a posibilidade de participar nun Concurso de Tiro, que se realizará de xeito paralelo á propia competición 3×3, e que completará unha xornada de puro baloncesto.

Inscrición

A participación no Xacobeo 21·22 “3×3” FGB ten un custe de 60 euros por equipo, incluíndo nesta cantidade unha licencia oficial con Seguro Deportivo asociado para os membros de cada equipo, así como o agasallo dunha camiseta de xogo oficial do evento, coa que deberán disputarse os partidos.

A solicitude de inscrición debe realizarse a través da web oficial do torneo: www.3x3fgb.gal

Así mesmo, para o envío de consultas relativas a este proceso permanece activo o email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence