Deporte Galego

En marcha o XII Certame "O Baloncesto e o Nadal"

  • 03 Decembro 2021 |

A FGB, en colaboración con Amura e Leyma Natura pon en marcha a XII edición do seu “Certame de Debuxo: O Baloncesto e o Nadal”, concurso que cada temporada decide a postal que desexará boas festas a todos os federados.

A partir deste sábado, 4 de decembro; permanecerá aberta a posibilidade de participar nesta XII edición do Certame, aberto a recibir propostas de todos os xogadores e xogadoras de categorías preminibasket ata cadete que o desexen, centrando a temática das súas creación na vinculación entre o “Baloncesto e o Nadal”.

A data límite para enviar estas propostas é a do 20 de decembro. E xa o día 22 deste mes coñeceremos a postal vencedora.

Bases de participación
As BASES e requisitos deste Certame poden consultarse no documento que achegamos, definindo ademais no mesmo o carácter dos agasallos que recibirán os creadores ou creadoras dos dous deseños premiados.
Así mesmo, as primeiras 20 postais recibidas para formar parte do concurso contarán cun agasallo da FGB.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence