Deporte Galego

Chega o Xacobeo 21·22 “3X3” FGB

  • 30 Novembro 2021 |

A Federación Galega de Baloncesto, co patrocinio e apoio do Xacobeo 21·22 e a Xunta de Galicia, e coa colaboración do Concello de Marín e CB PeixeFresco presenta o Xacobeo 21·22 “3x3” FGB, competición oficial que terá lugar o vindeiro 26 de decembro no Pavillón de A Raña. en Marín. 

Aberta a todas aquelas persoas maiores de 16 anos que desexen desfrutar do 3x3 para despedir o ano 2021, esta nova cita deportiva contará cun máximo de 24 equipos que poderán ser femininos, mixtos ou masculinos, competindo todos en conxunto. Os equipos deberán estar formados por un mínimo de 4 e un máximo de 6 persoas, e afrontarán un formato de xogo disposto en eliminatorias previas e posteriores roldas de oitavos, cuartos de final, semifinais e final. Un membro de cada equipo terá tamén a posibilidade de participar nun concurso de tiro, que se realizará de xeito paralelo á propia competición 3x3, e que completará toda unha xornada de puro baloncesto.

Premios e Agasallos
O Xacobeo 21·22 “3x3” FGB buscará un campión entre eses 24 equipos ao que agasallar cun premio en metálico de 1000 euros e o seu correspondente trofeo. O recoñecemento para o subcampión será de 500 euros, resultando tamén premiados os semifinalistas por valor de 200 euros. Pola súa banda, o campión e subcampión do Concurso de Tiro terán tamén o seu galardón a través dun bono de material deportivo por valor de 200 e 100 euros, respectivamente; acompañado dun balón oficial Molten.

Inscrición
A participación no Xacobeo 21·22 “3x3” FGB terá un custe de 60 euros por equipo, incluíndo nesta cantidade unha licencia oficial con Seguro Deportivo asociado para os membros de cada equipo, así como o agasallo dunha camiseta de xogo oficial do evento, coa que deberán disputarse os partidos.

O prazo para tramitar a inscrición permanece aberto desde este venres, tres de decembro; e estenderase ata o vindeiro 16 de decembro, sempre e cando non se cubran previamente as 24 prazas dispoñibles. O proceso de inscrición, O proceso de inscrición, para o que se terá en conta de xeito estrito a orde de chegada do xustificante de pago da cota, debe realizarse través da web www.3x3fgb.gal  Na mesma atópase toda a información relativa ao mesmo, así como á normativa e regulamento da competición.

Así mesmo, para o envío de consultas permanece activo o email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence