A Fase Final da XXXIV Copa Galicia Sénior Feminina chega a Marín esta fin de semana e tamén o fai a FEGABA TV. A nosa canle oficial en YouTube programa a retransmisión en DIRECTO das Semifinais e Final desta Copa.
Como primeiro prato desfrutaremos das dúas semifinais programadas para este venres, 17 de setembro. Ademáis do público que acceda ao Pavillón da Raña (cun aforo limitado a 180 persoas por partido), tamén poderán desfrutar delas os espectadores de FEGABA TV. Pola súa banda, a retransmisión da FINAL chegará o domigo, 19 desetembro, ás 12.00 horas. E todo isto, a tan só a un clic!
Semifinal 1 - 18.00 h
Baxi Ferrol - Celta Zorka Recalvi (92 - 56)
Colexiados: Jacobo Rial, Cristian Martín, Jaime Álvarez.
Semifinal 2 - 20.00 h
Durán Maquinaria Ensino - Maristas Coruña (95 - 48)
Colexiados: Guillermo Ríos, Laura Piñeiro, Manuel Seijo.
Final: 19/09/21 - 12.00 h
Baxi Ferrol - Durán Maquinaria Ensino (68 - 61)
Colexiados: Jacobo Rial, Guillermo Ríos e Cristian Martín.