A Normativa oficial da Federación Galega de Baloncesto para as competicións da nova temporada 2021 - 2022 xa está dispoñible para a a súa consulta e descarga.
As Bases de Competición FGB 2021 - 2022, aprobadas na Asemblea Xeral celebrada este luns, 21 de xuño; atópanse xa no apartado NORMATIVA da web. Así mesmo, e tamén tras a súa exposición pública na citada Asemblea, publicmaos no apartado DOCUMENTACIÓN o informe da temporada 2020 - 2021.
Sección: Actualidade