A Federación Galega de Baloncesto comunica o formato, datas de xogo e prazas dispoñibles para as diferentes Fases de Ascenso ás Ligas de 1º división FGB: júnior, cadete e infantil.
No documento que achegamos detállanse os puntos referidos anteriormente para cada caso, sinalando o vindeiro 13 de outubro como a data común para o sorteo de calendario en cada categoría e o día 18 de outubro como a data de inicio da competición FGB, sendo a primeira en abrir o pano desta temporada 2010 - 2021 e sempre respetando as medidas sanitarias marcadas polas autoridades e cumprindo o Protocolo FISICOVID DXTGALEGO FGB.