Deporte Galego

Fondo pesar polo falecemento de Rogelio Bermúdez

  • 09 Setembro 2020 |

A Federación Galega de Baloncesto, encabezada polo seu Presidente e representada por todo o seu persoal directivo, administrativo e deportivo, desexa amosar as súas máximas condolencias polo falecemento de Rogelio Bermúdez. Toda unha referencia e lenda para o Baloncesto Ferrolá e, en extensión, para todo o Baloncesto Galego, Rogelio deixa no noso recordo unha pegada imborrable.

Compañeiros, afeccionados e clubs de todo o Baloncesto Ferrolá, de hoxe e de sempre, atesourarán o seu legado, vinculado sen dúbida a grandes momentos na historia do noso deporte. Dende a Federación Galega de Baloncesto queremos trasladar o noso máis sincero pésame e ánimo aos seus familiares e amigos. Con nós, para sempre, pervivirá no mellor dos recordos a súa figura. Descanse en Paz.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence