O Subcampionato galego de 2º división masculina, e a praza de ascenso a 1º división que leva asociada; puxéronse en xogo esta fin de semana na vila lucense de Foz, no marco da Fase Final A4 desta 2º Liga FGB.
Baixo a organización do Celtas CCA FOZ, o propio anfitrión competiu e impúxose a Porriño Baloncesto Base, CB Arteixo e Compañía María de Santiago no formato xa establecido para as fase finais FGB: semifinais na quenda do sábado, e final na xornada dominical.
Fase Final A4 - 2ª División Masculina (Pavillón Torques de Marzán)
Organiza: Celtas CCA Foz
En liza na Fase: Celtas CCA FOZ (2º clasificado Liga Regular), CB Arteixo (3º clasificado Liga Regular), Compañía María de Santiago (4º clasificado Liga Regular) e Porriño Baloncesto Base (5º clasificado Liga Regular).
Semifinais - 11/05/2019
(19:00 h) CELTAS CCA FOZ - PBB B (X) (66 - 63)
(17.00 h) ARTEIXO DUACODE – CIA.MARIA SANTIAGO (Y)(65 - 49)
Final - 12/05/2019
(18.00 h) CELTAS CCA FOZ – ARTEIXO DUACODE (71 - 56)