Concello de Marín e Federación Galega de Baloncesto, co apoio do CB Peixefresco Marín; presentaron oficialmente nesta mañá de martes o “V Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket Concello de Marín”, cita que un ano máis, o terceiro de xeito consecutivo; encherá esta vila do mellor baloncesto dos xogadores e xogadoras máis novos.
Este V Torneo enmárcase dentro do convenio de colaboración que Federación Galega de Baloncesto e Concello de Marín teñen en común na presente temporada, e que aproveitaron para rubricar no acto deste martes.
Os vindeiros sábado e domingo, 10 e 11 de febreiro; as Preseleccións Mini de Galicia, Euskadi, Castilla León e Asturias, tanto masculinas como femininas, serán as protagonistas desta competición amigable que hoxe viviu a súa posta de longo da man do Concelleiro de Deportes de Marín, Antonio Traba; a Presidenta do CB Peixefresco Marín; Rebeca Simes; e a Secretaria Xeral FGB, Susana Fernández.
O Pavillón A Raña acollera o xogo en categoría masculina, facendo o propio en feminino o Pavillón do Colexio San Narciso, entidade que colabora cedendo a instalación. En ambos os casos, celebraranse partidos en horario de mañá e tarde de sábado, e durante a xornada matinal do domingo, contando con retramisión en directo a través da Canle oficial da FGB en YouTube nos seis partidos que desputarán as preseleccións galegas.
V Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket "Concello de Marín" – Calendario
Minibasket Feminino (Pavillón San Narciso)
10/02/18
(10.00 h) Galicia - Castilla León
(12.00 h) Asturias - Euskadi
(16.15 h) Galicia - Euskadi
(18.00 h) Castilla León - Asturias
11/02/18
(10.00 h) Euskadi - Castilla León
(12.00 h) Asturias - Galicia
Minibasket Masculino (Pavillón A Raña)
10/02/18
(10.00 h) Euskadi - Asturias
(12.00 h) Galicia - Castilla León
(16.15 h) Castilla León - Asturias
(18.00 h) Galicia - Euskadi
11/02/18
(10.00 h) Euskadi - Castilla León
(12.00 h) Asturias - Galicia