Carballo a un Paso súmase ao recén iniciado palmarés liguero da FGB desta temporada 2015 - 2016. En categoría cadete, e cun total de 20 vitorias nunha esixente competición que rematou a súa liga regular esta pasada fin de semana, o equipo carballés proclamouse campión galego e celebrou por todo o alto o seu liderazgo este pasado sábado no seu último encontro oficial, desputado ante Peleteiro en Compostela (60 – 61).
A ledicia dos xogadores trasladouse tamén ao cadro técnico no momento de recoller a Copa que ratifica o seu campionato 2015 – 2016. Esta, entregoulla o Responsable de Relacións cos clubs FGB, José Manuel Castelao; quen ademais os felicitou pola súa boa traxectoria ligueira.
Tas recibir estes parabéns, Carballo a un Paso centra agora as súas ilusións na súa participación no Campionato de España de clubs, marcado nesta categoría entre os días 22 e 28 de maio, con sede na localidade catalá de Seu de Urgell.