Deporte Galego

Rio Natura Monbus Obradoiro - Montakit Fuenlabrada: Partido do Federado

  • 25 Febreiro 2016 |
Rio Natura Monbus Obradoiro - Montakit Fuenlabrada: Partido do Federado
www.obradoirocab.com

O Rio Natura Monbus Obradoiro regresa esta fin de semana ao Multiusos Fontes do Sar e faino cedendo protagonismo, a modo de recoñecemento, aos seus afeccionados e a todos os federados. Esta oportunidade tan especial materializarase o sábado, 12 de marzo. 

Tras dúas xornadas desputadas por Rio Natura Monbus fóra de casa, o Pavillón Multiusos do Sar volva abrir as súas portas para recibir ao Montakit Fuenlabrada (sábado 12 de marzo, 20.00 horas), unha cita marcada xa como o Partido do Federado e que coas súas entradas xa á venda.

Todos os federados con licenza na Federación Galega de Baloncesto poderán comprar a súa entrada tanto online como en oficinas a 9 euros en Tribunas 2 ou a 14 euros en Tribunas 1. Ademais, en oficinas poderán adquirir polo mesmo prezo entradas para os seus familiares directos.

Esta promoción especial vén da man da homenaxe que o propio club compostelán, así como a súa afección, brindarán ás Seleccións Galegas Infantís e Cadetes que estarán presentes na pista de Sar. O aplauso a estes catro combinados autonómicos recoñecerá o seu papel no Campionato de España de Seleccións de ambas as categorías celebrado no mes de xaneiro en Huelva.

Prezos xerais
Á marxe desta boa oferta da que poderán gozar todos os federados, os prezos xerais para o encontro son de 19 euros en Tribunas 2 e Fondos, 25 euros en Tribunas 1 e 29 euros en Tribunas Retráctiles. Os menores de 18 anos, estudantes menores de 25, parados desde fai máis de 6 meses e maiores de 65 anos terán Prezos Reducidos: 15 euros en Fondos e Tribunas 2 ou 19 euros en Tribunas 1.

Por outra banda, o club santiagués tamén quere agradecer o seu apoio a todos os abonados que o acompañaron na Copa do Rei, e farao cunha promoción única: presentando ambos abonos en oficina como proba, poderán comprar un máximo de 4 entradas a 9 euros en calquera sector do pabellón.

As entradas pódense mercar mediante a páxina web do club ou nas oficinas situadas no propio pavillón, con horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence