Deporte Galego

Super User

Super User

Actívase novo prazo para a tramitación da homologación e convalidación dos títulos federativos de adestrador

O pasado 27/07/2022 publicouse o Real Decreto 628/2022, do 26 de xullo polo que se modificaba o Real Decreto 1363/2007, do 24 de outubro, no que afecta, entre outras situacións, ao prazo de 10 anos que outorgaba o citado real decreto aos adestradores formados antes de 1999 para obter os efectos académicos ou profesionais respecto do título correspondente.

A Copa Galicia EBA vive a súa posta de longo en Carballo

Carballo presenta a Fina da Copa Galicia EBA, que se disputará este domingo, 2 de outubro; ás 12:00 h, entre o CALVO Basket Xiria e o UCOGA CB Chantada.

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; acompañado polo presidente da Comisión Xestora da Federación Galega, Francisco Martín; coincidiron na festa do baloncesto que se vai vivir este domingo no Pavillón carballés e intercambiaron palabras de encomios e recoñecemento mutuo, así coma un recordo común ao ex-tesoureiro da FGB, o carballés Ricardo Méndez.

Carballo, sede para a Final da Copa Galicia EBA

A Federación Galega de Baloncesto, concede ó Concello de Carballo e a Escola Basket Xiria a celebración da final da COPA GALICIA EBA.

O Calvo Basket Xiria xogará en Carballo a final da COPA GALICIA EBA 22/23 contra o Ucoga CB Chantada, no Pavillón Vila de Noia, o vindeiro domingo 2 de Outubro ás 12h. Carballo, a 26 de setembro do 2022.

A Final poderase seguir en DIRECTO vía FEGABA TV. 

Fases Clasificatorias FGB: Dez prazas de ascenso en xogo

Compostela será escenario este sábado, 24 de setembro; das primeiras roldas finais das Fases clasificatorias ás Primeiras Divisións FGB. As categorías Júnior Masculina, Júnior Feminina e Cadete Masculina saltarán a pista para dilucidar que equipos obteñen en cada caso as prazas de ascenso en xogo. 

O formato de competición marcado establece que o total dos gañadores dos dez encontros que se disputarán en Santiago faranse coa súa praza en 1º División.

XXXV Copa Galicia Sénior Feminina: BAXI Ferrol, Campión

Baxi Ferrol, campión da última edición da Copa Galicia, busca como anfitrión revalidar un trofeo que suma a súa XXXV edición e que ademáis este ano se convirte tamén no Trofeo "Concello de Ferrol".

As locais, xunto a Durán Maquinaria Ensino, Celta Zorka Recalvi e CB Arxil, chegando as de Mayte Méndez clasificadas desde a Fase Previa, ofrecerán no Pavillón de A Malata unha Copa Galicia con aires de temporada renovada que se poderá vivir en directo en FEGABA TV.

A Copa Galicia EBA 2022 busca finalistas

A Fase Previa da Copa Galicia EBA está en marcha confrontando divididos en dous grupos aos oito equipos galegos desta categoría.

Esta rolda previa trae consigo tres xornadas de xogo tras as cales o primeiro clasificado de cada grupo conquerirá a súa praza na final, encontro este último con sede e data aínda por decidir.

 

Suscribirse a este canal RSS

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence