Deporte Galego

IX Campus CB. A.D.F.R.O.

  • 28 Febreiro 2012 |

- A novena edición deste Campus conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, o Concello de A Coruña, e Cocacola, entre outras entidades.

C.B. A.D.F.R.O. presenta a novena edición do seu tradicional campus de Semana Santa (2, 3 e 4 de abril), cita que cada ano pretende achegar o Baloncesto ao maior número posible de rapaces e rapazas da propia cidade de A Coruña e da súa zona de influenza.

Dirixido a nenos e nenas de entre sete e dezasete anos, tanto se saben xogar como se desexan iniciarse neste deporte, a entidade coruñesa pon en marcha o seu Campus baixo a dirección de María Teresa Cano Pan, adestradora superior.

O núcleo deste IX Campus abrangue actividades estritamente deportivas, incluíndo perfeccionamento técnico, adestramentos específicos de táctica e técnica individual, charlas teórico prácticas e competición; e oferta tamén alternativas lúdicas e diferentes. A iniciación á esgrima, talleres de globoflexia ou mesmo xogos e malabares son un exemplo.

Os Pavillóns de Cocheras e Roseiras serán a sede de operacións e xunto aos xogadores alí estarán, en horario de mañá e tarde, un nutrido grupo de monitores e adestradores locais e chegados de diferentes Comunidades.

Inscrición
Os interesados en informarse e inscribirse neste IX Campus teñen ata o vindeiro 30 de marzo para facelo. Os puntos de referencia para este proceso, así como o prezo da actividade e o xeito de facelo efectivo poden consultarse no díptico que aquí se achega. As prazas son limitadas e cubriranse por rigosora orde de entrega. Anímate e participa.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence