Deporte Galego

A XVII edición da Vilagarcía Basket Cup colle forma a gran ritmo

  • 29 Febreiro 2012 |

O Baloncesto Galego achégase pouco a pouco á Semana Santa, e con ela á celebración dun evento xa tradicional e de ampla importancia no panorama nacional e internacional: a Vilagarcía Basket Cup., que este ano celebra a súa XVII edición.

Reestructurada esta nova edición 2012 en función da realidade económica que todos coñecemos, a aposta polo Baloncesto de Base non se perde. Así, entre os días cinco e sete do vindeiro mes de abril terán lugar en Fexdega tres torneos diferentes orientados aos xogadores e xogadoras máis novos.

A Vilagarcía Basket Cup Future Stars (categoría infantil, cadete e júnior masculino e femenino) e a Vilagarcía Basket Cup Base (de carácter lúdico - alevín e benxamín masculino feminino e mixto) continúan a súa xeira, confiando en repetir o éxito colleitado en anteriores edición.

Súmase neste 2012 a novidade da Mini Vilagarcía Basket Cup, de categorías benxamín (6 de abril) e alevín (5 de abril) tanto masculinas como femininas, con carácter competitivo e coa orde de 64 equipos dándolle vida.

Co proceso de inscrición de equipos xa avanzado e en plena fase de intenso traballo para establecer calendarios e poder ofrecer a mellor das organizacións posibles, á altura da entidade do Torneo, está a traballar a agora o C.B Vilagarcía, impulsor e auténtico promotor desta cita.

As expectativas, como é habitual, ilusionantes. Non en vano, e tal e como recoñecían publicamente os organizadores a finais do mes de xaneiro:`a nivel cuantitativo o torneo dá un paso adiante, convertíndose en "único a nivel europeo". Según as estimacións da organización a XVII Basket Cup congregará a "máis de 1.200 xogadores e 2.000 pais por día" o que suporá un movemento cercano "ás 10.000 persoas en Arousa en Semana Santa".

A disposición de todos os afeccionados e útil para seguir as evolucións do Torneo neste 2012, está a web oficial do Club Baloncesto Vilagarcía: vilagarciabasketcup.es

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence