Deporte Galego

III Campus "You": aberto o prazo de inscrición

  • 08 Marzo 2012 |

Chega con forza a 3º edición do Campus "You" organizado polo C.B. Cluny. A entidade santiaguesa ten todo disposto para celebrar entre o dous e o catro de abril o seu xa tradicional e completo campus de Semana Santa.

Dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos (mini e premini), esta actividade ofrece a posibilidade de desfrutar en Compostela, da man dun completo grupo de traballo (adestradores titulados, preparadores físicos, médicos, fisios e monitores de tempo libre e ocio) dun total de tres días repletos de baloncesto e diversión.

A celebrar no propio pavillón de Cluny, e co prazo de inscrición aberto ata o vindeiro 26 de marzo, o Campus contará con formación e competición (1x1 e 3x3), concursos de habilidade e xogos complementarios con outros deportes como centro de atención.

Cun prezo inicial de 35 euros para aqueles xogadores e xogadoras que desexen participar (con descontos en función de distintas caracterísitcas, a consultar no tríptico que se achega), mantense aberta a posibilidade de inscrición. Para tramitar a mesma será preciso cubrir o formulario oficial e facelo chegar ao C.B. Cluny antes da indicada data do 26 de marzo.

O total de información, xunto ao formulario oportuno, poden consultarse aquí e, por suposto, na web oficial do C.B. Cluny.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence