Deporte Galego

A unión do 3x3 co Minibasket, protagonista de novo grazas ao Universitario Ferrol

  • 13 Marzo 2012 |

A Fundación Universitario Ferrol, o Patronato Municipal de Deportes e a FGB, a través da súa Delegación en Ferrol, colaboran e trasladan o seu apoio a esta iniciativa.

O Universitario Ferrol alíase unha vez máis co "3x3". Da man do seu tradicional "Torneo de Semana Santa Minibasket" promove unha nova oportunidade de trasladar este formato competitivo ás categorías base do baloncesto de Ferrolterra.

O club departamental presenta así a 24 edición desta cita, na que reuniráa un total de 32 equipos (minis ou preminis). Marcados en vermello no calendario os días 3 e 4 de abril, habilitados xa para levar a cabo esta competición.

O Polideportivo de Esteiro será a sede de xogo e operacións, acollendo cada día os partidos do Torneo a partir das 10.30 h. A duración de cada un será de dez minutos, posibilitando a disputa de tres, como mínimo, en cada xornada. As categorías de xogo serán catro, establecidas segundo a idade dos participantes, os cales teñen ata o vindeiro 30 de marzo para tramitar a súa inscrición. Un proceso, este último, ben sinxelo.

Os equipos serán admitidos por rigorosa orde de recepción da documentación. A entrega pode facerse efectiva en persoa ou por mail a través do propio club (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) ou na delegación zonal da FGB en Ferrol (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.).

Unha vez completada a indicada cifra de 32 equipos, o "Torneo de Semana Santa Minibasket 3x3" pechará o seu proceso de inscrición, con todo listo para que o balón comece a botar sobre a pista.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence