Deporte Galego

Ensino, campión en San Ciprián da Final Provincial Lucense Infantil Feminina

  • 24 Abril 2012 |
A capitana do Ensino recolleu o trofeo de mans de Pablo Fernández e Alfonso Villares
A capitana do Ensino recolleu o trofeo de mans de Pablo Fernández e Alfonso Villares

- As lucenses impuxéronse a Martínez Otero nun vespertino encontro desputado este domingo.

- O alcalde e o edil de Deportes do Concello de O Cervo fixeron entrega das medallas e os trofeos.

A Delegación en Lugo da FGB celebrou este domingo unha nova fase final das súas competicións de Deporte Escolar, reunindo neste caso aos catro mellores equipos da provincia segundo a clasificación da categoría infantil feminina: Ensino, Martínez Otero, Lourenzá e Maria Auxiliadora.

Estes catro clubs deron vida á citada Fase, competición que se estendeu durante todo o día e, mentres pola mañá se xogaban as semifinais, pola tarde disputábanse os partidos decisivos. Ás 16:30 h empezaba o encontro no que se decidiu o terceiro o cuarto posto e máis tarde, ás 18:00 horas, daba inicio a final entre o Ensino e o Martínez Otero.

O Pavillón de A Veiga foi o encargado de acoller o enfrontamento final, no que as xogadoras do Ensino resultaron campioas tras desfacerse das focenses do Martínez Otero cun resultado de 60 - 38. Pola súa banda, na mesma pista, Lourenzá Mondoñedo e María Auxiliadora protagonizaron un igualado duelo polo terceiro e cuarto posto, pechado cun 29-24 a favor do equipo mariñán.

Deste xeito, a clasificación final rexistrouse nesta orde:

1º Ensino de Lugo

2º Martínez Otero de Foz

3º Lourenzá Mondoñedo

4º María Auxiliadora de Lugo

0458771001335283969-pablo-fernandez-patricia-rico-e-jose-ramon-soto-na-entrega-da-copa-de-subcampion

Jose Ramón Soto, Patricia Rico e Pablo Fernández, na entrega da Copa de Subcampión

Apoio das institucións
Para as xogadoras de Ensino e Martínez Otero o recoñecemento aos seus trunfos chegou tamén en forma de trofeos e medallas, nunha entrega na que se contou coa participación do propio alcalde de Cervo, Alfonso Villares; do seu edil de Deportes, José Ramón Soto; e o xefe coordinador da área de Mar para a Mariña e Ortegal, representante da Xunta de Galicia neste acto, Pablo Fernández Asensio. Xunto a eles e ás xogadoras campioas e subcampioas, estivo a Delegada da Federación Galega de Baloncesto en Lugo, Patricia Rico.

0719728001335285934-os-catro-equipos-remataron-a-xornada-coa-tradicional-foto-de-grupo

Os catro equipos pecharon a xornada coa tradicional foto de grupo

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis