Deporte Galego

Mercedarias Hotel Suizo, campión do "II Memorial Manolo Pardo"

  • 24 Abril 2012 |

O Concello de Ferrol e o Ferrol C.B. clausuraron este domingo a segunda edición do "Memorial Manolo Pardo", competición correspondente á 2º División Infantil Masculina FGB e que se disputou en formato de liguiña a dobre volta, reservando a súa fase final para este 22 de abril.

No encontro decisivo, e tras deixar polo camiño a diferentes equipos en cada un dos seus grupos (A e B), déronse cita Mercedarias Hotel Suizo e Electrorayma Narón, combinados que loitaron pola Copa a partir das 17.00 h da tarde no Pavillón de Esteiro.

Cun 72 - 52 no electrónico os xogadores de Mercedarias fixéronse co prezado trofeo de campións, pasando a formar parte do palmarés dun Memorial que homenaxea a figura de Manolo Pardo, pioneiro do baloncesto ferrolán de elite.

O total de resultados deste "II Memorial Manolo Pardo", tanto na súa Fase de Grupos como na Fase Final, poden consultarse no apartado de LIGAS FEDERACIÓN GALEGA.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis