Deporte Galego

Os valores do Deporte, co Baloncesto como eixo, a escena na localidade de A Rúa

  • 25 Abril 2012 |

A Delegación en Ourense da Federación Galega de Baloncesto estende os seus fíos ao ámbito educativo. Coa presenza da súa responsable deportiva, Lucía González, na Semana Cultural do Colexio Pablo VI - Fátima, na localidade de A Rúa, a zonal FGB achega a promoción do baloncesto aos alumnos e alumnas desta vila ourensá.

A encargada da parcela deportiva desta Delegación, e adestradora axudante, á súa vez, na Selección Galega Mini Masculina, formará parte este mesmo xoves (12.00 h) dun coloquio no que compartir con responsables e representantes de Federacións Galegas noutros deportes os valores que a práctica dos mesmos promove. Coa referencia do ciclismo, o fútbol sala e, por suposto, o baloncesto, non faltarán nesta cita conceptos como o compañerismo, o esforzo ou o xogo limpo.

As instalacións do propio Colexio Pablo VI - Fátima servirán de perfecto escenario para este debate, no que se convida a participar a todo aquel inteserado en afondar nesta temática, sempre tan de actualidade no que a deporte base se refire.

Así mesmo, o indicado centro educativo presenta unha variada oferta de actividades cos vindeiros Xogos Olímpicos Londres 2012 como telón de fondo e que, ao completo, pode consultarse no tríptico elaborado para esta ocasión.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis