Unha edición máis Galicia estará representada nos Campionatos de España Júnior de clubs por catro equipos que viaxan a esta cita con toda a ilusión e confianza nas súas posibilidades. Zaragoza será neste caso a súa sede, e, por suposto, concentrará a atención do baloncesto nacional a partir deste domingo 13, data de inicio da competición.
Na capital maña daranse cita os 64 mellores equipos júnior da xeografía española, 32 masculinos e 32 femeninos, que loitarán por conquistar o título de campión. E entre eles os catro combinados galegos: Marín Peixegalego, Estudiantes de Lugo, R.C. Celta e Compañía de María de Vigo. O total deles debutará este domingo, primeira xornada da Fase previa, na que os diferentes grupos de cada categoría botarán a andar. Do bo facer nesta etapa do Campionato dependerá a súa sorte nesta edición.
Así, e agardando que o domingo se poidan celebrar as primeiras vitorias, resaltamos cal será o calendario dos nosos nesta data. Igualmente, nas ligazóns que se achegan poden consultarse os calendarios completos de cada categoría.
XLI Campionato de España de Clubs Júnior Masculino (Zaragoza)
1º xornada - 13/05/12
GRUPO C
(13.00 h)ASEFA ESTUDIANTES - MARIN PEIXEGALEGO
(18.00 h) SEPRINSA CANTBASKET - CIA DE MARIA
GRUPO E
(09.00h) UNICAJA - COLEGIO LEONES-FUNDACION BALONCESTO
(11.00 h) ESTUDIANTES LUGO LEYMA NATURA - EASO A
XXXII Campionato de España de Clubs Júnior Feminino (Zaragoza)
1º xornada - 13/05/12
GRUPO E
(09. 00 h) MONSTER PLATGES DE MATARO - CIA MARIA VIGO
(11.00 h) PDV PORTUS - BEZANA SOTO
GRUPO D
(13.00 h) FEMENI SANT ADRIA - RC CELTA
(16.00 h)CB TORBELLINO - GETXO CP