O equipo lucense, único representante galego xa en liza, supera os cuartos e acada o pase á importantísima quenda de semifinais, situándose entre os catro mellores equipos españois da súa categoría neste 2012. Este fito materializouse nesta mesma mañá cunha vitoria ante La Caja Canarias.
A expectación agora será máxima no encontro de semis. A cita en cuestión será mañá, venres, ás 12.00 h, ante o potente Regal Barcelona.
CUARTOS DE FINAL - 17/05/12
(13.00 h) LA CAJA DE CANARIAS G CANARIAS - ESTUDIANTES LEYMA NATURA (63 - 70)