Deporte Galego

Estudiantes de Lugo, cuarto clasificado nun Campionato para o recordo

  • 19 Maio 2012 |

Derrota para Estudiantes de Lugo na loita polos metais no seu derradeiro encontro no Campionato de España de Clubs Júnior Masculino. O rival nesta derradeira cita, o Real Madrid. En xogo o terceiro posto do podio.

O prezado bronce non puido viaxar ata terras lucenses. O equipo de Alex Polo desputou na mañá deste sábado, ante o Real Madrid, un destacado enfrontamento polo terceiro posto do palmarés final de todo un Campionato de España de clubs. Un partido que non puido asinarse con vitoria (69 - 81 para os da capital madrileña) pero que non impide unha sensación global de satisfacción entre a escuadra lucense e un recoñecemento ao seu traballo e esforzo.

Os xogadores e toda a expedición estudiantil regresan á casa coa cuarta praza baixo o brazo, unha clasificación histórica e que non deixa a ninguén indiferente.

Dende aquí, felicitar ao propio Estudiantes por estar entre os mellores, e aos restantes representantes galegos nestes Campionatos Júnior, feminino e masculino (Marín Peixegalego, Compañía de María de Vigo e RC.Celta), polo seu compromiso.

E sen máis, emplazar a todos os afeccionados á vindeira cita destas características na que será a categoría Cadete a que recolla o protagonismo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis