Deporte Galego

A Tecnificación protagonista este xoves na localidade de Baio

  • 23 Maio 2012 |

A Delegación de A Coruña, en colaboración directa cos responsables deportivos do Club Baloncesto Baio e do CB Artai abrirán este xoves, 24 de maio, as portas do seu traballo a todos aqueles nenos e nenas en idades alevín, benxamín,infantil e cadete que desexen achegarse ata o Pavillón Municipal de Baio para unha Xornada de Tecnificación

A Delegación contará para esta ocasión coa presenza e apoio en pista dos adestradores de ambos os clubes indicados. Eles serán os encargados de guiar a convocatoria en horario de 18:30 h a 20:30 h para todo o abano de categorías.

A sinerxía establecida pola Delegación co persoal e coa dinámica de traballo de Concello de Baio, C.B. Baio e C.B. Artai servirá como acicate para que os participantes nesta sesión vespertina de tecnificación sean testemuña, en primeira persoa, dos esforzos que se están a a realizar nesta zona con respecto a mellora técnica dos xogadores máis novos.

A Convocatoria realízase de xeito aberto, convidando a todos os rapaces e rapazas das zonas limítrofes a aproveitar esta oportunidade de seguir aprendendo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis