Deporte Galego

A FGB felicita ao Club Xuventude Baloncesto

  • 06 Xuño 2012 |

Unha temporada de esforzo e traballo ben merece o recoñecemento e a felicitación de todos. E así o fai dende a súa plataforma de comunicación oficial a Federación Galega de Baloncesto con respecto ao Club Xuventude Baloncesto (EBA), entidade que loitou ata esta pasada fin de semana polo ascenso a Adecco Prata.

O obxectivo deportivo do cambio de categoría non puido materializarse, pechando ante Sabadell uns play offs que, a pesar de non rexistrar o premio do ascenso, deixaron claro sobre a pista que os xogadores de Yago Casal puxeron todo o posible para tentar rubricar o éxito. Para eles, e para o seu corpo técnico, directivos e afeccionados a nosa noraboa.

Recoñecemento ao compromiso
A Federación Galega de Baloncesto desexa, á súa vez, trasladar os seus parabéns a Jorge Castiñeiras Arenaz, actual presidente do club e que no descanso deste mesmo encontro ante Sabadell recibiu a insignia de ouro da propia entidade deportiva, recoñecendo a súa dilatada labor dentro desta, á que pertence dende 1977 ao cargo de diferentes facetas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis