Deporte Galego

O C.B. Arxil activa o seu "XI Día do Baloncesto - 3x3 na Rúa"

  • 13 Xuño 2012 |

O C.B. Arxil saca de novo o Baloncesto á Rúa no seu tradicional "Día do Baloncesto - 3x3", actividade a celebrar neste caso, na súa XI edición, o vindeiro mércores, 13 de xuño de 2012.

Facendo da pontevedresa Avenida Montero Ríos, un excelente escenario para a práctica deportiva, o C.B. Arxil organizará nesta data un torneo "3x3" no que tomarán parte os colexios CEIP San Benito de Lérez, CEIP Campolongo, CPR Plurilingüe Ntra. Sra.de los Dolores, CPR Calasancio e CPR San José.

De 09.30 h a 13.30 h o club pontevedrés activará os seus mecanismos para dar cobertura a unha elevada cifra de participantes pertencentes aos centros anteriormente indicados, unha nutrida representación de xogadores mini e premini, da que se agarda que se achegue á cantidade rexistrada na convocatoria do 2011, con preto de 600 xogadores.

E para que todos eles reciban un grato recordo da súa participación neste "XI Día do Baloncesto - 3x3 na Rúa" tanto a Federación Galega de Baloncesto como diferentes institucións entre as que se atopan o Concello de Pontevedra, a Deputación provincial, Coca Cola ou o Diario de Pontevedra, entre outros, achegarán o seu grao de area. O obxectivo de todos: que este mércores o baloncesto máis novo sexa o referente.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis