O C.B. Mercedarias será o anfritrión esta fin de semana do seu I Cuadrangular Júnior Feminino. O club de Ferrol brindará este sábado e domingo a todos os afeccionados da cidade departamental a oportunidade de presenciar un atractivo torneo que contará, ademáis de coa súa presenza, coa participación de C.B. Baiona, Calasancias e, chegado de Santander, o C.B.Némesis.
O Pavillón do Colexio Mercerias habilitarase como escenario para todos os encontros, cuxa orde e horarios falicítanse, elaborados polo club organizador, no documento que aquí se achega. No mesmo, pode ollarse como un plan de actividades paralelas á propia competición completará a axenda deste Torneo.
A Federación Galega de Baloncesto, xunto ao Concello de Ferrol e a Secretaría Xeral para o Deporte, colaboran con este I Cuadrangular para o que tamén amosan o seu apoio outras entidades ou empresas como Coca Cola ou MAPFRE, entre outros